O Santiago Futsal viaxa a Rivas

O Santiago Futsal viaxa a Rivas
Foto: Lola Martín
O Santiago Futsal viaxa a Rivas

O partido é mañá domingo ás 12:30 no Polideportivo Municipal Cerro do Telégrafo

Despois do bo partido realizado o pasado sábado en Santa Isabel, onde os locais impuxéronse ao Gran Canaria FS por 5 a 1, o equipo viaxará mañá sábado para enfrontarse ao Rivas Futsal.

O partido disputarase o vindeiro domingo día 31 ás 12:30 no Polideportivo Municipal Cerro do Telégrafo e enfrontará a dous rivais dispostos a todo por conseguir a vitoria.

Os locais, que actualmente están na novena posición, queren volver á senda do triunfo despois de perder 2-6 en casa a pasada xornada contra o Manzanares FS.

Pola súa banda, os celestes pretenden sumar todos os puntos posibles ata final de tempada e tentar así conseguir a recompensa do playoff. Ademais, Santi Valladares recupera a Adrián Pirata, recentemente chegado da súa viaxe coa selección española sub 19, equipo que conseguiu a clasificación para o Europeo de Letonia

En declaracións previas ao encontro, o adestrador dos santiagueses analizou o duelo e a situación actual do seu equipo. “Independentemente do resultado final, a tempada destes¡ mozos foi tremenda” expresou. Con respecto aos seus rivais nesta xornada declarou “é un equipo moi novo pero e que trata moi ben o balón” e que “nós temos que gañar, pase o que pase entre Córdoba e Betis”

O equipo sairá cara a Madrid o sábado ás 14:30 e ten prevista a súa chegada ao redor das 22:00 do mesmo día. A volta está prevista para o domingo xusto despois do encontro, coa chegada a Compostela programada para o mesmo día a última hora.

Comentarios