Un cento de embarcacións tomarán parte hoxe na quinta regata de bateis "Bandeira Concello de Ribeira"

Un cento de embarcacións tomarán parte hoxe na quinta regata de bateis "Bandeira Concello de Ribeira"
Foto de arquivo
Un cento de embarcacións tomarán parte hoxe na quinta regata de bateis "Bandeira Concello de Ribeira"

Iniciativa promovida polo Club de Remo Náutico de Ribeira que terá lugar dende as once da mañá en augas do porto exterior da cidade


Un cento de embarcacións tomarán parte hoxe domingo 31 de marzo na quinta edición da regata de bateis Bandeira Concello de Ribeira: unha iniciativa promovida polo Club de Remo Náutico de Ribeira que terá lugar dende as once da mañá en augas do porto exterior da cidade.

Suso Silva e Sandra Sánchez no nome do citado club e o alcalde Manuel Ruiz compareceron no consistorio para presentar un evento no que a falta do peche de inscricións concorrerán equipos chegados da provincia de A Coruña, incluíndo todos os barbanzáns.

Merchandising

A entrega de medallas (aos tres primeiros de cada categoría) terá lugar entre as 13 e as 13.30 horas. Suso Silva anunciou que nesta ocasión e como novidade as medallas serán representativas do noso municipio. Ademais, haberá un posto de merchandising pensado en todos aqueles que queira apoiar ao club.

O alcalde agradeceu o esforzo da entidade á hora de consolidar o deporte do remo e lembrou o compromiso asumido pola Corporación para que poida dispoñer dunhas instalacións dignas para que siga medrando.

Comentarios