Derrota do Santiago Futsal en Rivas

Derrota do Santiago Futsal en Rivas
Foto de arquivo
Derrota do Santiago Futsal en Rivas

O partido comezou moi para os santiagueses, xa que aos visitantes adiantáronse aos seis minutos de xogo a través de Bria

O Santiago Futsal xogou este domingo día 31 ás 12:30 no Pavillón Cerro do Telégrafo contra o Rivas Futsal.

Os celestes afrontaban o partido tras a derrota de Córdoba onte ante o Real Betis Futsal, o que podía situalos a só dous puntos do playoff. Pola súa banda os locais querían volver sumar puntos tras o seu tropezo en casa contra o Pescados Rubén Burela a pasada xornada.

O partido comezou moi para os santiagueses, xa que aos visitantes adiantáronse aos seis minutos de xogo a través de Brian. O Santiago seguía apertando e tan só dous minutos despois Santi conseguiu poñer o 0-2 no marcador.

A partir de aí o partido cambiou, xa que se investiron os papeis e o Rivas Futsal foi o que tomou a iniciativa. Era o minuto 12 cando comezou a remontada co gol de Dani. A continuación, e en menos dun minuto, Samu Carrillo poñía o empate, resultado que perdurou no marcador ata o descanso.

Nada máis iniciar a segunda parte Javi conseguiu poñer por diante aos locais (minuto 21:30). De novo, un minuto despois, Jorge marcou o cuarto a favor do Rivas no electrónico. Co 4-2 ambos os locais repartíanse tanto a posesión como as ocasións de gol. No minuto 33 Brian marcou o seu segundo gol da mañá ao aproveitar un rexeite e achegou aos visitantes ao empate.

Os madrileños reorganizáronse tras o tempo morto e os de Santi Valladares sacaron o seu quinto home. Os primeiro saíron beneficiados, xa que no minuto 36 Fran Conde marcaba o quinto e a falta de dez segudos para terminar Javi poñía o 6-3 final.

Os santiagueses iniciaron a volta a Galicia ao finalizar o encontro e teñen prevista a súa chegada para última hora do día.

Comentarios