Falece un home tras precipitarse por un desnivel mentres practicaba rapel en Muros

Falece un home tras precipitarse por un desnivel mentres practicaba rapel en Muros
Foto de arquivo
Falece un home tras precipitarse por un desnivel mentres practicaba rapel en Muros

Sucedeu sobre as 18:00 horas no faro de Montelouro

Un home faleceu esta tarde en Muros despois de caer desde unha altura moi elevada, mentres practicaba “rapel” no Faro de Montelouro. Así o comunicaba o alertante que chamou ao 112 Galicia, sobre as 18:00 horas desta tarde, para pedir axuda.

Tras recibir o aviso, o 112 Galicia alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Cee e ao GES de Muros, que nada mais chegar confirmaron que o home se atopaba nun lugar de moi difícil acceso -entre as rochas- polo que eran precisos medios de rescate. Tamén se informou do suceso á Garda Civil, Policía Local e Protección Civil da localidade.

Debido á gravidade da situación, solicitouse a saída do helicóptero de salvamento do Servizo de GardaCostas de Galicia. Ademais, membros do GES comunicaban ao 112 Galicia que no mesmo lugar, nunhas rochas, atopáronse coa muller e os dous fillos do falecido, tamén en situación de difícil acceso.

Membros do GES comunicaron ao 112 Galicia que os fillos e a muller xa foron rescatados pola aeronave. Nestes intres, procédese ao rescate do falecido.

Comentarios