Un condutor dun camión de lixo tivo que ser excarcerado en Ourense

Un condutor dun camión de lixo tivo que ser excarcerado en Ourense
Foto de arquivo
Un condutor dun camión de lixo tivo que ser excarcerado en Ourense

O condutor do camión necesitaba axuda ao quedar atrapado tras envorcar co seu vehículo ao paso pola parroquia ourensá de Santo Estevo da Rúa de Valdeorras

Esta mañá, o condutor dun camión de lixo resultou ferido en Ourense despois de que o vehículo no que circulaba envorcase na N-120, á altura do punto quilométrico 466. Segundo informa o 112 Galicia, o home tivo que ser excarcerado e trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Segundo o relato do alertante, que avisou ao 112 pouco despois das 11:00 horas, o condutor do camión necesitaba axuda ao quedar atrapado tras envorcar co seu vehículo ao paso pola parroquia ourensá de Santo Estevo da Rúa de Valdeorras.

De inmediato, os xestores do CIAE solicitaron a intervención do persoal sanitario, dos Bombeiros de Valdeorras, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén se informou ao GES de Valdeorras, á Policía Local e ao servizo de mantemento das estradas por se fose necesaria a súa colaboración.

Unha vez no lugar do sinistro, os Bombeiros de Valdeorras confirmaron que o condutor encontrábase atrapado e necesitou ser excarcerado.

Comentarios
Lo más