Colisión entre dous camións nas Somozas

Colisión entre dous camións nas Somozas
Foto de arquivo
Colisión entre dous camións nas Somozas

Sucedeu sobre as 15:15 horas na AG-64

Dúas persoas resultaron feridas, e tiveron que ser trasladadas, ao colidir dous camións na AG-64, á altura do punto quilométrico 250.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir a chamada dunha persoa particular ao fío das 11:15 horas da maná de hoxe. No seu relato, informaba que dúas persoas necesitaban asistencia sanitaria tras sufrir un accidente co vehículo no que viaxaban, un camión de pequenas dimensións que chocara con outro que transportaba carbón.

Decontado, o persoal do CIAE puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Eume, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do servizo de mantemento das estradas.

Ao chegar ao lugar do sinistro, os efectivos de emerxencias confirmaron que, pese a que o accidente provocara que un dos vehículos caera por un desnivel, os feridos encontrábanse liberados e accesibles, polo que non foi necesario o uso do material de excarceración. As dúas persoas foron trasladadas ao Hospital Arquitecto Marcide.

Comentarios