Evacuados en helicóptero mecalizado os ocupantes dun vehículo que saiu da vía en Baños de Molgas

Evacuados en helicóptero mecalizado os ocupantes dun vehículo que saiu da vía en Baños de Molgas
Foto de arquivo
Evacuados en helicóptero mecalizado os ocupantes dun vehículo que saiu da vía en Baños de Molgas

O sinistro ocorreu ás 10:30 horas desta mañá, cando o vehículo no que viaxaban dúas persoas saíuse da vía antes de chegar a Almoite

Unha saída de vía dun vehículo que circulaba pola estrada que une as localidades de Baños de Molgas e Piuca obrigou a desprazar ao helicóptero medicalizado con base en Ourense para a evacuación urxente dun dos seus ocupantes.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro ocorreu ás 10:30 horas desta mañá, cando o vehículo no que viaxaban dúas persoas saíuse da vía antes de chegar a Almoite. Pese a que os ocupantes estaban liberados e accesibles, foi necesaria a evacuación dos feridos ao Hospital Nosa Señora do Cristal de Ourense.

Ademais dos profesionais sanitarios, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de San Cibrao da Viñas, que axudaron ao persoal sanitario na evacuación dos feridos, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos membros do GES de Pereiro de Aguiar e Protección Civil da localidade. 

Comentarios