Compromiso presenta o primeiro tramo da súa listaxe para as eleccións municipais de Santiago

Compromiso presenta o primeiro tramo da súa listaxe para as eleccións municipais de Santiago
Compromiso presenta o primeiro tramo da súa listaxe para as eleccións municipais de Santiago

Unha listaxe que mistura xuventude e experiencia

Compromiso por Galicia vén de presentar o primeiro tramo da listaxe para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2019. Unha listaxe encabezada por Xoán Bascuas, profesor na EU. de Traballo Social na USC e veciño do Ensanche. O candidato irá acompañado por Virginia Torres, avogada con despacho no Ensanche; Xabier Salgado, veciño de Conxo e mestre no CEIP de Fontiñas; Nicole López, veciña de Vista Alegre e octometrista; Diego Sande, veciño da Gracia e hosteleiro; Laura Seoane, veciña de Conxo traballadora de Inditex e representante dos traballadores; Manel Iglesias, veciño de Concheiros e profesor de Dereito na USC; Marieta Barral, ve,ciña do Monte, de Deus, secretaria de dirección; Salvador Forján, veciño de Conxo responsablele técnico de AGADIC; Francisca Moreno, orientadora laboral; Prudencio Viveiro, de Galeras e traballador do Consello da Cultura Galega; Montserrat Álvarez, veciña do Castiñeiro e orientadora educativa; Aurelio Barreiro, veciño de Sar e persoal administrativo da USC; Silvia Suarez, veciña de Pelamios, promotora comercial e actual secretaria local da Agrupación; e Miguel Freire, veciño de Concheiros, traballador no sector da seguridade privada.

Estas 15 primeiras persoas da candidatura santiaguesa de Compromiso, caracterízanse por misturar xuventude e madurez; concilian experiencia con xente que vive a súa primeira aparición en política; e tamén recolle esta listaxe a diversidade xeográfica compostelá.

Comentarios