Obradoiro de Jumping Clay o pasado sábado en Vedra

Obradoiro de Jumping Clay o pasado sábado en Vedra
Obradoiro de Jumping Clay o pasado sábado en Vedra

Estaba dirixido a tódolos nenos e nenas do CRA Boqueixón- Vedra

O pasado 30 de marzo, a ANPA Val do Ulla do CRA Boqueixón-Vedra celebrou un Obradoiro de Jumping Clay na Casa das Artes de Vedra, dirixido a tódolos nenos e nenas do CRA Boqueixón- Vedra.

O Jumping Clay é unha arcilla cunhas cualidades moi beneficiosas para nenos e nenas, xa que posúe cheiros naturais que fai relaxante e agradable a súa manipulación e manexo, ademais de permitir traballar a súa psicomotricidade e coordinación á hora de elaborar diferentes figuras ou xoguetes.

Na actividade participaron 40 nenos e nenos que realizaron unha abella, previa explicación didáctica sobre os beneficios da abella no medioambiente.

Esta actividade realizouse coa colaboración do Concello de Vedra que facilitou as súas instalacións. A actividade foi realizada pola entidade JUMPING CLAY Vigo.

Tódolos pais, nais, nenos e nenas quedaron moi satisfeitos co desenvolvemento da actividade.

Comentarios
Lo más