O Grupo Popular pregunta ao Goberno de Martiño Noriega sobre os traballos que está a facer o tractor desbrozador que o Concello adquiriu recentemente

O Grupo Popular pregunta ao Goberno de Martiño Noriega sobre os traballos que está a facer o tractor desbrozador que o Concello adquiriu recentemente
Foto de arquivo
O Grupo Popular pregunta ao Goberno de Martiño Noriega sobre os traballos que está a facer o tractor desbrozador que o Concello adquiriu recentemente

Dentro das propostas seleccionadas nos orzamentos participativos do ano 2017, o Goberno de Martiño Noriega acordou adquirir un tractor desbrozador por un importe de 120.000 euros

O Grupo Municipal Popular preguntará no Pleno ordinario que se celebrará a vindeira semana sobre as traballos que ten realizado o tractor desbrozador municipal que o Concello adquiriu recentemente.

Ante as numerosas cuestións que, segundo afirman os populares, parecen ”tan difíciles de resolver por parte do equipo de Goberno de Compostela Aberta”, o Grupo que dirixe Agustín Hernández busca saber cando foi recibido este novo vehículo; cantos días traballou nas vías locais no que vai de ano 2019 e cantos días traballou nese mesmo período o outro tractor desbrozador que posúe en propiedade o Concello de Santiago.

O PP indica que "a priori" parecen unhas respostas fáciles, pero a verdade é que o Grupo Municipal do Partido Popular está a ter dificultades para obtelas, polo que aínda que resulte singular, os Populares vense na obriga de presentar estas preguntas nun Pleno ordinario.

Os populres sinalan que dentro das propostas seleccionadas nos orzamentos participativos do ano 2017, o Goberno de Martiño Noriega acordou adquirir un tractor desbrozador por un importe de 120.000 euros.

Sabemos que o inicio do expediente de licitación para o subministro do tractor con dúas rozadoras iniciouse en setembro de 2017, quedando sen efecto a licitación pola inadecuación dos pregos, e que se reiniciou un novo procedemento de adxudicación en xullo de 2018.

Finalmente, esta máquina desbrozadora con dúas rozadoras foi adxudicado en novembro do ano pasado, coa función de “axudar a manter as marxes da rede viaria do rural en mellor estado”.

Comentarios