O Servizo de Deportes organiza en abril dúas novas rutas de sendeirismo

O Servizo de Deportes organiza en abril dúas novas rutas de sendeirismo
Foto: Pixabay
O Servizo de Deportes organiza en abril dúas novas rutas de sendeirismo

Trátase de rutas que se levarán a cabo na provincia de Pontevedra, nos concellos de Cambados, Ribadumia e Pontevedra, estando incluídas gran parte das zonas percorridas na Rede Natura 2000 polo seu alto interese natural

O servizo de deportes da USC organiza este mes de abril dúas rutas de sendeirismo nas que os ríos cobran un especial protagonismo.

Concretamente, trátase de rutas que se levarán a cabo na provincia de Pontevedra, nos concellos de Cambados, Ribadumia e Pontevedra, estando incluídas gran parte das zonas percorridas na Rede Natura 2000 polo seu alto interese natural.

O primeiro itinerario será o vindeiro sábado 6 e consta de dúas partes ben diferenciadas: unha ao longo do río Umia e outra pola costa de Cambados. A actividade completarase cunha visita a un muíño de mareas restaurado desta última localidade. Esta ruta forma parte da programación de Rutas de Lecer. Xa a finais de mes, o mércores 24, dentro da programación de Roteiros, o itinerario proposto desprazarase ao concello de Pontevedra. Nesta ocasión o protagonista é o río Lérez, cun percorrido de aproximadamente 9 quilómetros de lonxitude que permitirá coñecer parte deste interesante espazo natural. En ambos casos, o obxectivo da actividade é promover o deporte na natureza e os hábitos de vida saudables e están dirixidas por persoal titulado da Fundación USC Deportiva.

As rutas están dirixidas ao público xeral en que sexa preciso pertencer á comunidade universitaria. Na web da USC poden consultarse prezos, horarios, dificultade e información máis completa sobre cada unha destas actividades, ademais de consellos xerais no caso de participar nestas rutas de sendeirismo. Para asistir a calquera destas rutas é imprescindible inscribirse previamente na web: https://aplicacions.usc.es/deportes/actividades/index.jsp?idUnidadGestion=7&idBloqueActividad=487

Comentarios