Evacúan a unha persoa feridas tras envorcar o seu tractor

Evacúan a unha persoa feridas tras envorcar o seu tractor
Evacúan a unha persoa feridas tras envorcar o seu tractor

Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense no que a persoa ferida foi trasladada ata un centro hospitalario

Unha persoa resultou ferida esta mañá no Irixo ao envorcar o tractor que manexaba no lugar de Candosa, na parroquia ourensá de San Pedro do Regueiro. Segundo puido saber o 112 Galicia, pese a que o ferido necesitaba asistencia sanitaria, encontrábase liberado e accesible.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tivo constancia do ocorrido uns minutos antes das 12:00 horas do mediodía de hoxe a través da alerta dunha persoa particular.

De inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Carballiño e dos efectivos da Garda Civil.

Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense no que a persoa ferida foi trasladada ata un centro hospitalario.

Comentarios