O TSXG confirma que Milagros Otero mediou para contratar á sobriña de Fraga na oficina do Valedor do Pobo

O TSXG confirma que Milagros Otero mediou para contratar á sobriña de Fraga na oficina do Valedor do Pobo
Foto de arquivo
O TSXG confirma que Milagros Otero mediou para contratar á sobriña de Fraga na oficina do Valedor do Pobo

Este feito precipitou a inminente renuncia da valedora do pobo, Milagros Otero

O Tribunal Supremos de Xustiza de Galcia (TSXG) confirmou unha sentenza, de xuño do 2018 e que se fixo público onte, na que anulaba a contratación na oficina do Valedor do Pobo a María Puy Fraga, sobriña de Manuel Fraga, expresidente da Xunta, e irmá de Pedro Puy, portavoz do PP. Este feito precipitou a inminente renuncia da valedora do pobo, Milagros Otero, como informa La Voz de Galcia.

Para fichar a xefa do servizo de administración e persoal da oficina do Valedor do Pobo, houbo desviación de poder e arbitriaridade por parte de Otero xa que coñecía á elexida e o nomeamento foi irregular, segundo reza a sentenza do TSXG. Mentres o PP gardaba silencio, os grupos da oposición pediron onte a dimisión de Milagros Otero no Parlamento. 

Milagros Otero redactou hoxe unha carta na que pon o seu cargo a disposición do Parlamento galego. Para poder removela do cargo é necesaria a intervención do PP porque necesítanse as tres quintas partes dos deputados. Pero Otero foi proposta polos populares e agora eles agardan a que a valedora do pobo asuma as responsabilidades da sentenza.

Comentarios
Lo más