Dimite a Valedora do Pobo

Dimite a Valedora do Pobo
Foto de arquivo
Dimite a Valedora do Pobo

Foi a raíz da sentenza do TSXG pola designación "irregular" de María Puy Fraga

Milagros Otero, Valedora do Pobo, acaba de presentar unha carta coa sua renuncia no rexistro do Parlamento de Galicia. Dimite tras quedar arrinconada tras a sentenza do TSXG pola designación "irregular" da xefa de servizo de administración e persoal da institución a María Puy Fraga, sobriña de Manuel Fraga e irmá do portavoz parlamentario do PPdeG.

A carta vai dirixida a Miguel Santalices, presidente da Cámara, e nela comunícalle que pon o seu cargo a disposición do Parlamento, e pide ao presidente que informe aos grupos parlamentarios para abrir o proceso para designar ao seu relevo e ao sustituto do valedor adxunto. No momento que teña sucesos, deixará o cargo definitivamente.

Comentarios