Recompensan con 1.200 euros para identificar a unha persoa que matou un gato a tiros en Vilagarcía

Recompensan con 1.200 euros para identificar a unha persoa que matou un gato a tiros en Vilagarcía
Recompensan con 1.200 euros para identificar a unha persoa que matou un gato a tiros en Vilagarcía

Nun comunicado, as organizacións animalistas alertan da sucesión de episodios de malos tratos co emprego de armas de fogo en Galicia

A Asociación Animalista Libera! e a Fundación Franz Weber ofrecen unha recompensa de 1.200 euros á persoa que permita identificar a quen matou a tiros a un gato no lugar de Cornazo, en Vilagarcía de Arousa.

Nun comunicado, as organizacións animalistas alertan da sucesión de episodios de malos tratos co emprego de armas de fogo en Galicia.

Lembran os ataques sufridos por unha cadela embarazada, que foi tiroteada e arroxada a unha tubaxe de pluviais en Pontevedra, a un gato doméstico morto durante unha cacería en Carballo (A Coruña) e o dunha cadela á que rebentaron o fuciño dun disparo en Verín (Ourense).

Ningún destes ataques foi esclarecido polo momento.

Libera! e Fundación Franz Weber volven instar á Xunta a facer cumprir a Lei de Benestar Animal e desenvolver campañas preventivas e de sensibilización para evitar a proliferación destes ataques.

Comentarios