Novena na honra da Nosa Señora da Soidade

Novena na honra da Nosa Señora da Soidade
Novena na honra da Nosa Señora da Soidade

Comeza hoxe venres 5 de abril e prolongaráse ata o sábado 13 de abril

A Confraría da Soidade, comeza hoxe venres, a Novena na honra da súa Virxe, que se prolongará ata o sábado, 13 de abril. Será oficiada polo delegado de misións Don David Álvarez Rodríguez e terá lugar na Igrexa parroquial de Santa María Salomé.

A Confraría, que foi fundada en 1664 contou con Confrades entre os que se atopaban varios cóengos e membros da aristocracia Compostelá, como o conde de Ramiranes, o marqués de Bendaña ou de Sta. Cruz de Rivadulla, xa que tiñan as súas residencias no termo parroquial de Salomé.

Nas súas orixes a imaxe da Nosa Señora procesionaba o Domingo de Lázaro e non foi ata a década de 1920 cando comezou a procesionar o Venres Santo. No seu afán por construír unha secuencia narrativa na sucesión das procesións compostelás, a procesión da Soidade saía do templo de Santo Domingo de Bonaval unha vez que se recollía o Santo Enterro.

Xa no ano 1993, o párroco Don Miguel Botana auspiciou unha renovación no seo da Confraría da Soidade, plantexouse dar unha maior visibilidade a esta procesión e ideouse a creación dun novo paso, o da Cruz baleira, que fose procesionando coa imaxe da Nosa Señora da Soidade.

Foi entón cando se deseñou o actual hábito confrade que participa na procesión, conservando, por suposto, a tradición das damas con mantilla e o abundante concurso de confrades que, sen hábito e cun cirio, acompañan á Soidade de Santa María na noite do Venres Santo.

Comentarios