A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos solicita á Xunta e ao Concello a catalogación de bens culturais no entrono de Casalonga

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos solicita á Xunta e ao Concello a catalogación de bens culturais no entrono de Casalonga
Foto: Moncho Rivadulla
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos solicita á Xunta e ao Concello a catalogación de bens culturais no entrono de Casalonga

Na contorna inmediata da canteira de Casalonga atópanse elementos sen catalogar que, tras un inventario arqueolóxico da zona, poñen unha vez máis de manifesto a sin razón de que a antiga canteira se converta nun vertedoiro


A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos continúa coa súa incansable actividade e vén de presentar sendos escritos na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e no Concello de Teo, instando a ámbalas dúas administracións á catalogacións dunha serie de bens culturais que ben poderían ser incorporados ao PXOM do Concello de Teo.

Os elementos sen catalogar atópanse na contorna inmediata da canteira da Casalonga, lugar no que se rexistra unha elevada concentración de bens culturais xa catalogados, polo que sería necesaria a realización dun inventario arqueolóxico da zona.

Así mesmo, a plataforma insta ás administracións competentes que requiran á empresa, actual titular do dereito de explotación da canteira, a presentar:

Un estudio de impacto arqueolóxico da zona.

Unha autorización previa ante calquera movemento de terras que se pretenda realizar na área de amortecemento de calquera dos bens arqueolóxicos

O seguemento das obras por un técnico asignado ao efecto.

Comentarios
Lo más