A Audiencia de Pontevedra condena a dez anos de prisión o acusado de violar unha turista

A Audiencia de Pontevedra condena a dez anos de prisión o acusado de violar unha turista
Foto de archivo
A Audiencia de Pontevedra condena a dez anos de prisión o acusado de violar unha turista

O tribunal considera acreditado que o imputado conseguiu que a muller se introducise no seu coche co pretexto de levala ao seu hotel

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a dez anos de cárcere o acusado de agredir sexualmente en abril de 2017 en Tui a unha turista asturiana que pasaba a Semana Santa en Galicia e á que coñecera nun bar próximo ao seu hotel. Tras a violación, a vítima conseguiu fuxir e, para evitar que a alcanzase o sospeitoso, introduciuse nunha lagoa natural, desde onde chamou ao 112. O tribunal tamén lle impuxo ao sospeitoso o aboamento dunha indemnización a afectada de 20.000 euros, así como a prohibición de aproximarse e comunicarse con ela por calquera medio durante doce anos.

O tribunal considera acreditado que o imputado conseguiu que a muller se introducise no seu coche co pretexto de levala ao seu hotel, pero, “sen o seu coñecemento nin consentimento”, trasladouna a unha zona “totalmente illada e intransitable, concretamente ao final do viaduto situado encima da N-550, correspondente a unha paraxe boscosa e solitaria cuberta de maleza e árbores situada no termo municipal de Salceda de Caselas”. A Audiencia relata que, unha vez alí, “golpeouna, de forma continuada e incesante na cabeza ata o momento en que quedou inmóbil”, e violouna.

Comentarios