O Coro Son Elas celebra hoxe o I Concerto Solidario en beneficio de Obra Social Pediatría

O Coro Son Elas celebra hoxe o I Concerto Solidario en beneficio de Obra Social Pediatría
O Coro Son Elas celebra hoxe o I Concerto Solidario en beneficio de Obra Social Pediatría

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle hoxe, a partir das 20.00h, a primeira edición do concerto solidario en Ames a beneficio de Obra Social Pediatría

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle hoxe, a partir das 20.00h, a primeira edición do concerto solidario en Ames a beneficio de Obra Social Pediatría. O evento musical será presentado pola actriz Belén Constenla, e contará coas actuacións do Coro da EMMA, Danzaya, Federico Pérez, Fran Rei e Son Elas. As entradas xa están dispoñibles en diversos locais comerciais do concello, en réxime ordinario cun custo de 4 euros mentres que as “Fila 0” custan 3 euros. O recadado destinarase a reforzar as liñas de investigación postas en marcha no departamento de pediatría do CHUS.

O coro Son Elas organiza esta tarde, a partir das 20.00h, un concerto solidario en beneficio de Obra Social Pediatría, unha entidade impulsada dende o Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago co obxectivo mellorar a calidade asistencial pediátrica mediante a investigación de enfermidades infecciosas, oncolóxicas ou as coñecidas como enfermidades raras, que supoñen unha maior dificultade á hora de encontrar recursos para investigar. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Ames e de varios establecementos comerciais do municipio.

O evento será conducido pola actriz Belén Constenla, e contará coa participación do Coro da Escola municipal de música de Ames, o equipo do Club deportivo de baile Danzaya, o actor e monologuista Federico Pérez, o clown e cofundador de Festiclown Fran Rei, e Son Elas. Todos eles daranse cita no escenario da Casa da Cultura de Bertamiráns.

As entradas para asistir teñen un custo de 4 euros, e poden adquirirse en varios establecementos comerciais de Ames, como Camisetas y algo más, Talleres Castiñeiras, Gigirey Fotografía, Let Padel Ames, La Reina de Saba, Lenda Librería, Pato Peluqueros, Antela Viaxes, Frutería Gelina, A cesta natural, Beauty Corp, SMT Solucións Gráficas, Aqua Peluqueros, Vqainica Doble, Terracota, Papelería Chavián, Naturames, Nova Estética, Adriá Florería, Javier Troitiño Fotógrafo e ao propio Coro Son Elas.

Asemade, as persoas que non poidan asistir pero queiran contribuír nesta iniciativa poderán facelo mercando unha entrada “Fila 0”, dispoñible nos mesmos locais cun custo de tres euros, ou realizando unha transferencia na conta ES50 0238 8201 6406 0332 0228 indicando no concepto “Fila 0”.

Comentarios
Lo más