Gran final A4 para os alevíns e xuvenís do A.C. Órdenes

Gran final A4 para os alevíns e xuvenís do A.C. Órdenes
Foto: Facebook
Gran final A4 para os alevíns e xuvenís do A.C. Órdenes

Esta fin de semana ambas as aliñacións trasladaranse ata Cambre para disputar os encontros no pavillón Os Campóns

Dende o Concello de Ordes anímase a todos e todas a asistir aos encontros das finais A4 que os alevíns (primeira división autonómica) e xuvenís (liga autonómica) do A.C. Órdenes disputarán esta fin de semana no pavillón Os Campóns, na localidade coruñesa de Cambre. 

Os partidos de semifinais terán lugar hoxe sábado, día 6. No caso dos xuvenís será ás 10 horas contra o Compañía de María A. O CH Compostela A e o Club AA Dominicos completan o cadro de participantes. O partido dos alevíns dará comezo ás 13 horas, encontro no que medirán forzas contra o Club AA Dominicos. Os restantes equipos clasificados para esta rolda son o CH Compostela A e o HC Liceo.

Por outra banda, o domingo, día 7, serán as finais. As de consolación terán lugar ás 16 e 18.30 horas, mentres que os partidos nos que se decidirán os vencedores absolutos darán comezo ás 17.15 e 20 horas segundo sexan os alevíns ou os xuvenís respectivamente.

Comentarios
Lo más