Pasamos do verán ao inverno... onde está a primavera?

Pasamos do verán ao inverno... onde está a primavera?
Pasamos do verán ao inverno... onde está a primavera?

Hoxe tivemos termómetros baixo cero en varios puntos da comunidade

Acabamos de pasar da manga corta á neve en Galicia en menos dunha semana nunha primavera que nos está deixando tolos. Tivemos termómetros baixo cero en varios puntos da comunidade, pasando de un tempo propio do verán a un tempo propio do inverno.

E a chuvia, o frío e a neve vanse extender durante as seguintes xornadas. As provincias de Lugo e Ourense teñen aviso amarillo por acumulación de neve especialmente na montaña. Neve que hoxe xa dificultaba a circulación na A-52 no alto de A Canda na provincia de Ourense e na altura da Nogueira, da mesma provincia. Tamén en sitios como Monte do Carrio en Lalín ou en Monte Faro en Rodeiro tiveron neve.

Esta fin de semana será inestable con borrascas con aire frío. Os chubascos serán recurrentes, e alguna vez irán acompañados de granizo ou serán tormentosos. A cota de neve comezará nos 700 metros e ascenderá aos 1000, e ass temperaturas mínimas estarán xeralmente por debaixo dos 10 grados.

Comentarios