CxG amosa o seu rexeitamento a fusionar Teo con Santiago

CxG amosa o seu rexeitamento a fusionar Teo con Santiago
CxG amosa o seu rexeitamento a fusionar Teo con Santiago

Dende a formación galeguista propoñen distintas medidas para incentivar que a veciñanza se empadroe no noso concello para lograr chegar os 20.000 habitantes

Compromiso por Teo ve unha falta de iniciativa no actual rexedor o plegarse a iniciativa de Martiño Noriega de fusionar o concello co de Santiago de Compostela. Dende a agrupación local apuntan a falta de propostas para asentar a poboación e facer medrar Teo por parte do alcalde o non ter ningún tipo de políticas para traer tecido empresarial e dotar de servizos a veciñanza. 

Dende a formación galeguista propoñen distintas medidas para incentivar que a veciñanza se empadroe no noso concello para lograr chegar os 20.000 habitantes, medidas que van dende impulsar o PXOM ou poñer en marcha o centro de día así como avanzar na construción do Parque Empresarial de Catro Camiños e melloras no transporte metropolitano que na actualidade ten bastantes carencias nas frecuencias horarias.

Dende a agrupación local de Compromiso por Teo manifestan que para facer unhas declaracións de tal índole o actual rexedor necesitaría explicar “en qué medida vai afectar os veciños e veciñas a posible fusión” e “qué estudos fixo o concello para levar a cabo tales declaracións”.

Comentarios