Falece unha muller tras chocar contra un camión en Teo

Falece unha muller tras chocar contra un camión en Teo
Falece unha muller tras chocar contra un camión en Teo

Como consecuencia do impacto, a única ocupante do turismo perdeu a vida e foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración para liberala

Unha muller faleceu esta madrugada nun accidente entre un turismo e un camión no concello de Teo, ao paso por Pontevea, pasadas as sete desta madrugada.

Foi un veciño que chamou ao 112 Galicia para informar da colisión. Como consecuencia do impacto, a única ocupante do turismo perdeu a vida e foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración para liberala.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos membros do GES de A Estrada e dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que só puideron confirmar o falecemento da condutora.

Tamén foron informados os Bombeiros de Ordes e Santiago, pero bastou o equipo estradense para rescatar o corpo sen vida da muller do interior do coche.

Ademais, os servizos de emerxencias contaron coa colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico para regular a circulación a garantir a seguridade mentres traballaban os efectivos de emerxencias. 

Do mesmo xeito, solicitouse a intervención do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de retirar os restos provocados polo accidente. 

WhatsApp Image 2019 04 07 at 10.24.57

Comentarios
Lo más