Medio Rural permitirá as queimas agrícolas a partir deste mércores

Medio Rural permitirá as queimas agrícolas a partir deste mércores
Medio Rural permitirá as queimas agrícolas a partir deste mércores

Isto significa que o día 10 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá luns, día 8 de abril, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 10 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir de mañá ás 00.00 horas poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. 

Comentarios
Lo más