Xunta, Concello e veciños enfrentados polos concertos e a normativa de ruidos

Xunta, Concello e veciños enfrentados polos concertos e a normativa de ruidos
Xunta, Concello e veciños enfrentados polos concertos e a normativa de ruidos

A Xunta presentou un recurso da ordenanza de ruidos do concello de Santiago

A finais do mes de marzo coñecíase a decisión por parte da Xunta de Galicia de presentar un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o cambio da ordenanza de ruidos nas actuacións e concerots nos locais da cidade.

A Xunta considera que dita ordenanza aprobada polo goberno de Compostela Aberta non inclúe "supostos concretos de espectáculos públicos e actividades recreativas que, pola súa escasa entidade ou incidencia, non precisen a presentación de declaración responsable", algo necesario para prescindir dunha delcaración responsable por non supoñer un perigo para a seguridade.

HOSTELERÍA DE COMPOSTELA 

Pola súa parte, a Asociación de Hostelería de Compostela amosa o seu enfado coa decisión da Xunta de Galicia xa que consideran que é unha ordenanza que leva o aval dos técnicos municipais aunque tamén queren cautela ata coñecer os termos das denuncias

QUEIXAS DOS VECIÑOS 

Son moitos os sábados que podemos atopar espectáculos na zona da Praza de Abastos, como na rúa dás Ameas ou na rúa Tras San Finz de Solovio. Concertos de diferentes grupos nos que se pode aproveitar o bo tempo con música.

Agora ben, a non todo o mundo agrada esta situación. Os veciños da zona veñen queixando desta situación desde hai tempo xa que consideran que o ruído é unha constante durante boa parte do mediodía. Pola noite, a pesar de que os concertos son no interior, tamén escoitan a música e os ruídos característicos da xente no exterior.

Este problema tampouco é nada novo na cidade xa que no Ensanche, na rúa Alfredo Brañas, é constante as queixas dos veciños polos ruídos e lixo que deixa a xente fronte a unha coñecida discoteca que se atopa esa mesma rúa. Fartos desta situación, non é raro ver colgados nos portais dos edificios denunciando os feitos.

Comentarios