Padrón xa comeza a prepararse para as súas festas da Pascua

Padrón xa comeza a prepararse para as súas festas da Pascua
Padrón xa comeza a prepararse para as súas festas da Pascua

Máis de 60 actividades serán as protagonistas destas festas que comezaron o 30 de marzo e rematarán o 28 de abril, co Domingo Pascuilla

Padrón comeza a preparar as súas festas máis grandes. Durante o día de onte os feirantes xa comezaron a montar as súas casetas e atraccións que están no Espolón e na zona de aparcamento do Souto. 

Os habituais da pesca de patitos xa comeza a inundar todo o paseo do Espolón e por supusto, a mítica tómbola estaba a montar todo o seu trailer para comezar a funcionar a finais desta semana para todos os veciños e veciñas Padrón e visitantes.

PASCUA PADRÓN 1

TOURIÑÁN SERÁ O PREGOEIRO

O día central será o vindeiro 21 de abril e contará con Xosé Antonio Touriñan, coñecido humorista da TVG, como pregoeiro das festas, o día 20 de abril ás 20:00 horas, na Praza de Macías.

Máis de 60 actividades serán as protagonistas destas festas que comezaron o 30 de marzo e rematarán o 28 de abril, co Domingo Pascuilla, amais das celebracións relixiosas da Semana Santa de Padrón.

FEIRA CABALAR

Cabe destacar a famosa Feira Cabalar do Domingo de Pascua (21 de abril), no que se repartirán máis de 5.000 euros en premios que incluirá concursos morfolóxicos de poldros, eguas e sementais de Pura Raza Española, Pura Raza Árabe, Pura Raza Galega e cruzados. Tamén será a quenda da XLIX Feira-Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial (20 e 21 de abril).

MÁIS ACTIVIDADES

Ademáis compre destacar para os máis nostálxicos a Noite de Rock dos 80 cos grupos La Guardia e La Frontera, o Sábado de Pascuilla (27 de abril) ou o XI Festival de Bandas "Capital do Sar", o Domingo de Pascuilla (28 de abril).

PASCUA PADRÓN 2

Ademáis o deporte tamén terá o seu oco na programación das festas de Pascua xa que haberá probas dunha decea de modalidades: o I Trofeo de Judo Infantil (30 de marzo), a XII Andaina Bisbarra do Sar (6 de abril), o XXXII Raid Cabalar (13 de abril), Gran Velada de Boxeo (19 de abril), XL Gran Carreira Popular (20 de abril), a 57ª edición da Clásica de Pascua de ciclismo (27 de abril), e competicións de fútbol sala, xadrez, fútbol base, chave e tenis.

Como sempre o luns 22 de abril celebraráse o tradicional Día de Santiago e o Día de Rianxo, no día seguinte. No que as corporacións municipais terán un xantar de confraternidade e haberá diferentes actuacións coas respectivas bandas de musica municipais.

Comentarios