Bascuas denuncia a situación na que se atopa a Banda Municipal de Música

Bascuas denuncia a situación na que se atopa a Banda Municipal de Música
Bascuas denuncia a situación na que se atopa a Banda Municipal de Música

Bascuas apunta que nin Santiago nin a veciñanza merece que se desprecie deste xeito a Banda Municipal

Xoán Bascuas, candidato a alcaldía de Compromiso por Galicia, denuncia publicamente a situación da Banda Municipal e a do seu personal traballador. 

Segundo o líder de Conpromiso, "produce moita tristura que se teña que suspender a actuación da Banda porque dende o Goberno municipal non son capaces de cubrir as 5 baixas dende hai meses". Despois de varias xuntanzas, a última no mes de febreiro, Bascuas xa advertía que nada mudadara na situación dos músicos que teñen contratos en precario, nin na dirección da Banda, que está sen director, posto sustituido nesta función polo subdirector. 

Dende a formación galeguista pien ao Goberno que cubra os postos para que esta situación non se volva a repetir, xa que a Banda de música conta con grandes profesionais que non se merecen estar a pasar esta situación e que por falta de persoal se desbote todo o traballo de preparación do concerto dos domingos. 

Bascuas apunta que nin Santiago nin a veciñanza merece que se desprecie deste xeito a Banda Municipal e indica que non semella moi regular que un servizo declarado prioritario se atope nesta situació

Comentarios
Lo más