Un home perdeu a vida ao quedar atrapado debaixo dunha árbore na localidade pontevedresa de Mos

Un home perdeu a vida ao quedar atrapado debaixo dunha árbore na localidade pontevedresa de Mos
Foto de arquivo
Un home perdeu a vida ao quedar atrapado debaixo dunha árbore na localidade pontevedresa de Mos

Sucedeu sobre as 16:30 horas no Camiño do Porto

Unha persoa perdeu a vida esta tarde no termo pontevedrés de Mos despois de quedar atrapado debaixo dunha árbore. Os feitos tiveron lugar no Camiño do Porto, na parroquia da Igrexa.

Foi unha persoa particular quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia pasados uns minutos das 16:30 horas. Axiña, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar unha ambulancia medicalizada. Ademais, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño, dos axentes da Garda Civil, Policía Local e membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos os servizos de emerxencia e, a pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios por salvarlle a vida, tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Comentarios
Lo más