Alumnos da EAEM ofrecen hoxe mércores un novo concerto no Paraninfo da Universidade

Alumnos da EAEM ofrecen hoxe mércores un novo concerto no Paraninfo da Universidade
Alumnos da EAEM ofrecen hoxe mércores un novo concerto no Paraninfo da Universidade

As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar o aforo

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar o aforo.

DOUS QUINTETOS DE VENTO

No marco deste programa, hoxe mércores, 10 de abril, ás 20:30 horas, os rapaces ofrecerán un novo concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago, na facultade de Xeografía e Historia. Os asistentes terán a oportunidade de escoitar Summer Music do compositor estadounidense Samuel Barber (1910-1981). É unha obra para quinteto de vento: frauta, óboe, fagot, clarinete e trompa.

De seguido o público poderá gozar co Quinteto nº 1 do compositor francés Jean Français (1912-1997), tamén para instrumentos de vento.

Comentarios
Lo más