Fin de semana de hóckey no pavillón de Vite

Fin de semana de hóckey no pavillón de Vite
Fin de semana de hóckey no pavillón de Vite

Celébrase o sábado 13 e o domingo 14 as finais a 4 de junior e infantil

Esta fin de semana que pasou, 6 e 7de abril, celebráronse en Cambre as finais a 4 das categorías alevín e xuvenil de hockey sobre patíns.

Accederon á competición dous dos equipos de C.H. Compostela, o alevín A, terceiro na liga regular; e o xuvenil A, clasificado no segundo posto

Rematadas as finais a 4, ambos equipos pasan o corte e acuden ao Sector Norte.

Os alevíns quedaron segundos na competición, proclamándose subcampeóns de Liga Autonómica Galega, tras do Dominicos, que quedaron primeiros.

O seu Sector Norte, celébrarase os días 26, 27 e 28 de abril, en Cambre, no mesmo Pavillón Os Campóns, onde foi a F4.

Os xuvenis quedaron en terceiro lugar na competición, proclamándose terceiros na Liga Autonómica Galega, tras os Clubes Compañía de María e Dominicos.

Ademáis, nesta fin de semana que vén do 13 e 14 de abril, celébranse no Pavillón de Vite as finais a 4 das categorías junior e infantil, organizadas por C.H. Compostela.

Nesta ocasión, só se clasificou un dos equipos do equipo compostelano, o “Infantil #Jisma café Bar”, segundo na liga regular. 

Dende C.H. Compostela anímase a todos os siareiros do hoquei, e, por suposto, aos que non o coñecen, a acercarse ao pavillón o sábado pola mañá e o domingo pola tarde. 

Comentarios
Lo más