Manifestación nestes intres nas rúas de Santiago pola defensa da industria e do emprego

Manifestación nestes intres nas rúas de Santiago pola defensa da industria e do emprego
Manifestación nestes intres nas rúas de Santiago pola defensa da industria e do emprego

Está convocada polo sindicato CIG

Nestes intres está tendo lugar unha manifestación polas rúas de Santiago, convocada polo sindicato CIG en defensa da industria e do emprego, como reza unha das pancartas que levan na cabeceira. 

Xoán Xosé Bouzas Aboi, secretario nacional de CIG-Industria, denunciou "o desmantelamento do sector industrial en Galicia nos útlimos anos, algo que é evidente, a pesar do manifestado por parte do Goberno da Xunta e da propia patronal".

Segundo afirma o sindicato: "Non se está a desenvolver unha política industrial para lograr tamén futuro para a poboación, con máis de 10.000 postos de traballo perdidos nos últimos anos en todos os sectores". 

Bouzas Aboi tamén asegurou que "sectores estratéxicos como o da automoción, naval, enerxético e das empresas electrointensivas non están contando cunha aposta definida e decidida para a defensa das empresas e os seus traballadores".

Está manifestación é posterior a unha asamblea de delegados de toda Galicia na Facultade de Dereito.

Comentarios