Goretti comprométese co persoal da USC arranxar as deficiencias do campus

Goretti comprométese co persoal da USC arranxar as deficiencias do campus
Goretti comprométese co persoal da USC arranxar as deficiencias do campus

Boa receptividade ás propostas do BNG na comunidade universitaria

A candidata á Alcaldía, Goretti Sanmartín, e a número 6 da lista, Esther Martínez, mantiveron un ‘Café co BNG‘ con persoal da USC de cara a intercambiar propostas para o programa, analizar a situación do ensino en Compostela e revisar os acordos para a mellora do campus sur e a colaboración mutua para aproveitamento de uso dos espazos universitarios para a toda a veciñanza.

De inicio presentaron as propostas do BNG para as Eleccións Xerais, incluídas no programa, como un modelo de vivenda pública para estudantado, ademais da necesidade de eliminar o enfoque centralizador e privatizador da actual normativa universitaria e de incrementar o financiamento das universidades, xunto coa dotación de bolsas e unha suba das contías de axudas públicas para este ámbito.

No relativo a temas locais, Goretti Sanmartín destacou a necesidade de colaboración entre a USC e o Concello, para aproveitar as infraestruturas deportivas e culturais para toda a veciñanza. Así, recolleu a boa disposición por parte da USC a estabelecer sinerxías coa Administración local, a comezar pola humanización do campus, para o que se fai necesario revisar e aclarar a competencia da rede viaria e do mantemento de mobiliario público. Para iso, coincidiron na necesidade da eliminación de coches en superficie no campus, para o que é necesario realizar previamente un aparcadoiro de xestión pública no propio campus.

Unha das propostas do BNG vai encamiñada a abrir as instalacións deportivas universitarias, como a pista de hóckey, campo de fútbol, pistas de atletismo, piscina e pavillón deportivo para abrilas ás persoas que viven en Santiago de Compostela, aínda que teña prioridade a comunidade universitaria. Tamén outros servizos como a escola infantil Breogán, que pode ofertar as prazas vacantes para o conxunto das familias con crianzas desta idade, ou o acordo sobre o uso do Auditorio da Universidade para a súa rehabilitación e apertura á oferta cultural da cidade.

No debate destacaron a necesidade de coordinar os viveiros de Emprendia e o da Sionlla, para apoiar a instalación de empresas punteiras e innovadoras, así como o asesoramento do profesorado da USC coa idea de favorecer os cultivos e poñer a producir o rural de Compostela, para a diversificación económica e produtiva.

Entre outros temas, saíron os problemas da cidade que debe camiñar para un novo modelo de turismo de calidade e sustentábel, a necesidade de fixar poboación na Cidade Histórica ou a axilización de temas administrativos e de Urbanismo. No ámbito educativo, expresaron a preocupación polo financiamento da USC, os recortes dos últimos anos que lle afectan ao ensino, a situación da Escola Municipal de Música, dos comedores escolares, do Conservatorio Profesional de Música e da Escola Oficial de Idiomas, que o BNG se comprometeu a xestionar coas administracións para conseguir ampliacións de cara a unha mellor oferta e un óptimo funcionamento no vindeiro mandato municipal.

Comentarios
Lo más