Propoñen a creación dun bono museístico para toda a cidade
Con esta iniciativa preténdese achegar a oferta museística do Concello dun xeito accesible e así dar a coñecer a oferta de museos
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia as eleccións municipais, vén de propoñer a creación dun bono museístico para todos os museos do Concello, tanto os públicos como privados.
Con esta iniciativa preténdese achegar a oferta museística do Concello dun xeito accesible e así dar a coñecer a oferta de museos como o Museo da Catedral e de Sar, Museo Pedagóxico, Museo de Historia Natural, Museo das Peregrinacións, Museo de Terra Santa, Museo do Pobo Galego, Museo Eugenio Granel.
O bono museo tamén se complementará con actividades de lecer ao aire libre con roteiros guiados, poñendo en valor distintos espazos como o Castriño de Conxo, Petroglifos de Villestro e Castelo da Rocha Forte, pretendendo poñer en valor e dar a coñecer o noso patrimonio.