Alberto Dios Queiruga: "Xogar ó xadrez é cuestión de fixarse, estar atento á partida e concentrarse"

Alberto Dios Queiruga: "Xogar ó xadrez é cuestión de fixarse, estar atento á partida e concentrarse"
Alberto Dios Queiruga: "Xogar ó xadrez é cuestión de fixarse, estar atento á partida e concentrarse"

Desde mañá e ata o 19 de abril terá lugar o Campionato Galego de Xadrez en Padrón. Falamos con Alberto Dios Queiruga sobre este deporte

Do 13 ao 19 de abril vaise disputar o Campionato Galego de Xadrez Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-16 e Absolutos no Hotel Scala de Padrón. Haberá sobre 300 participantes nestas categorías.

Para saber un pouco máis deste deporte, COMPOSTELA24HORAS fala con Alberto Dios Queiruga, xogador e árbitro de xadrez que xulgará o xogo da categoría Sub 10 neste campionato.

Cómo xurdiu a afición por este deporte?

Pois cando era pequeno, sobre sete u oito anos, comencei as clases de xadrez no colexio en Ribeira. Despois, como destacaba un pouco, metinme no clube. Tamén xogaba meu pai na casa, e eso sempre axuda.

Agora unha das cousas ás que te dedicas é a dar clases extraescolares de xadrez. Como ensinas aos pequenos?

Principalmente botando partidas, e voulle correxindo os erros. Tamén fan exercicios. O xadrez non é coma o fútbol, necesítase moito traballo, e doulles algún regalo como motivación.

É complicado ensinarlles? Fai falta ser paciente?

Depende moito do comportamento do meniño. Hay meniños máis inquietos, e outros máis tranquilos aos que é máis fácil explicarlle as cousas. Tes que procurar que estean concentrados e que estean quietos e atentos ante a partida.

Todo o mundo pensa que hai que ser moi intelixente para xogar ben ao xadrez. Que opinas?

Non, non hai que ter unha intelixencia sobrehumana. A ver, os que son os campións do mundo sí que xa será algo máis innato. Pero é cuestión de fixarse, estar atento á partida e concentrarse. Nada máis.

Tamén eres árbitro. Como chegou ese papel?

A Federación fai uns cursos e eu quitei o curso básico de árbitro. E partir de ahí podo pitar unha serie de torneos.

É moi complicado ser árbitro de xadrez? En que te tes que fixar?

Cando son árbitros de categorías superiores é bastante sinxelo: simplemente é anotar resultados. O problema é cando son meniños, ahí sí que é máis complicado máis nos movementos, se hai algunha xogada ilegal...

Comentarios
Lo más