O persoal do SAD de Vedra inicia mobilizacións

O persoal do SAD de Vedra inicia mobilizacións
O persoal do SAD de Vedra inicia mobilizacións

Durante un proceso de negociación, que as partes consideraban de boa fe, a empresa comunica o despedimento disciplinario dunha afiliada de CCOO, recoñecendo a improcedencia

O persoal do servizo de atención a domicilio (SAD) de Vedra, tras asamblea de traballadores celebrada na noite do xoves, decidiu iniciar mobilizacións contra os graves incumprimentos do convenio e mingua das súas condicións laborais.

As traballadoras do SAD de Vedra levan varios meses esixíndolle á empresa (Atendo) o cumprimento do convenio, pero a concesionaria facía caso omiso, o que para CCOO significaba un enriquecemento ilícito á custa do persoal.

Este comportamento provocou que tanto a delegada de persoal como unha afiliada de CCOO mantivesen unha xuntanza co alcalde de Vedra para regular dita situación, tras a cal, Atendo empezou a:

- Proporcionar e facer formación que é de obrigado cumprimento segundo o convenio.

- Entrega de roupa de traballo, uniformidade e calzado

- Facer os recoñecementos médicos.

- Actualización de todo os conceptos salariais conforme a suba IPC, como recolle o convenio.

Porén, CCOO seguía debatendo e negociando coa empresa a confección de nóminas do persoal, ao entender o sindicato que había diferenzas.

Durante un proceso de negociación, que as partes consideraban de boa fe, a empresa comunica o despedimento disciplinario dunha afiliada de CCOO, recoñecendo a improcedencia.

Ante este contexto, o persoal, por unanimidade, acordou iniciar mobilizacións para esixir a readmisión desta traballadora e esixir o cumprimento íntegro do convenio. Paralelamente, CCOO iniciará as accións que correspondan perante as Administracións competentes.

Comentarios