O Futsal quere entrar nos playoffs

O Futsal quere entrar nos playoffs
O Futsal quere entrar nos playoffs

O duelo polos puntos comezou eléctrico, con dous goles de Lucas Moreira no primeiros catro minutos de xogo, o primeiro tras bater a Basmalis nun man a man e o segundo de penalti

O partido que se disputaba no CDM La Granja de Zaragoza este sábado enfrontaba a dous equipos con necesidade de puntos, pero por motivos moi distintos.

O Santiago Futsal quería manter as opcións de entrar en Playoff. Os de Santi Valladares traballaran moito durante a tempada e querían un recoñecemento ao realizado ata o momento. Iso si, todo cun ollo posto no Córdoba Futsal vs Manzanares FS.

Mentres, o Colo Colo Zaragoza loitaba por manterse na Segunda División da LNFS tamén pendente dos seus rivais, pero en especial do choque entre Pescados Rubén Burela vs o Noia Portus Apostoli

O duelo polos puntos comezou eléctrico, con dous goles de Lucas Moreira no primeiros catro minutos de xogo, o primeiro tras bater a Basmalis nun man a man e o segundo de penalti.

Os locais apertaron, conseguindo un disparo ao traveseiro no minuto 7 e posteriormente o 1-2 cun gol de Carlos García no 8. O efecto durou pouco xa que Everton no minuto 10 volveu poñer distancia de dous goles no marcador e Zequi marcou o 1-4 no minuto 12.

No minuto 15 Muniesa recolleu un rexeite e achegou ao Colo Colo, poñendo o 2-4, pero Everton marcou de novo faltando un minuto para o descanso e o partido detívose cun 2-5.

Tras o descanso Trasobares recortou distancias o minuto 25. O partido freouse en canto ás ocasións de gol, ata que Jorge Montiel marcou o sexto ao pouco da súa entrada en pista no minuto 32. Dous minutos despois Zequi aproveitou a porta baleira que deixou o porteiro xogador dos locais e colocou o 3-7 final.

Destacar o debut de Noel Gómez, xuvenil que viaxou co equipo e tivo minutos no seu primeiro partido oficial co Club en Segunda División.

Con esta vitoria, o Santiago Futsal segue a 5 puntos do Playoff a falta de dúas xornadas para o final. A expedición comezou a volta ao finalizar o encontro e ten a chegada prevista á primeira hora do domingo.

Comentarios