Arde unha vivenda en Mos

Arde unha vivenda en Mos
Arde unha vivenda en Mos

Segundo os datos facilitados polos Bombeiros ao 112 Galicia, a vivenda ardeu por completo quedando en pé só a estrutura da casa

Un incendio arrasa por completo unha casa situada no lugar Arrubial, no termo municipal de Mos.

O suceso produciuse pasados uns minutos das 06:00 horas de hoxe. Nese intre, varias persoas particulares informaban ao 112 Galicia do ocorrido. 

Ademais, indicaban no seu relato que atopábase pegada a outra vivenda. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño, así como dos axentes da Policía Local da localidade. Do mesmo xeito, púxose o suceso en coñecemento da Garda Civil e dos membros de Protección Civil.

Segundo os datos facilitados polos Bombeiros ao 112 Galicia, a vivenda ardeu por completo quedando en pé só a estrutura da casa.

Comentarios
Lo más