Rexístrase un incendio nun local de hostalería de Arteixo

Rexístrase un incendio nun local de hostalería de Arteixo
Rexístrase un incendio nun local de hostalería de Arteixo

Foi unha persoa particular quen alertou mediante a súa chamada ao 112 Galicia canda pasaban uns minutos das 22:00 horas da pasada noite

Onte rexistrouse un incendio na cociña dun local de hostalería situado na Avenida de Finisterre no concello de Arteixo.

Foi unha persoa particular quen alertou mediante a súa chamada ao 112 Galicia canda pasaban uns minutos das 22:00 horas da pasada noite. 

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou aos Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Unha vez extinguido o lume, os Bombeiros confirmaron que o incendio produciuse ao prender o aceite das frixideiras. Ademais indicaron que ningunha persoa resultou afectada polo fume.

Comentarios
Lo más