A Procesión da Humildade sae esta noite da igrexa de Santa María do Camiño

A Procesión da Humildade sae esta noite da igrexa de Santa María do Camiño
A Procesión da Humildade sae esta noite da igrexa de Santa María do Camiño

A procesión sairá ás 21.30 horas dende a igrexa de Santa María do Camiño (ubicada na rúa Travesa)

Despois do fin de semana, comeza a semana grande no calendario de procesións. Con 15 por diante, hoxe abre o calendario a Confraría da Humildade.

Fundada no ano 2008, realizaba tan só un ano despois a súa Estación de Penitencia. Sen dúbida, está a ser unha das procesións que máis contrasta cos desfiles das demais Confrarías. Algo que vén dado pola formar cargar os portadores, que o fan dende dentro do paso, como é habitual ver na Semana Santa do sur de España.

Dende a súa primeira saída polas rúas de Compostela, a Agrupación Musical Virxe da Amargura de Ferrol, foi a encargada de acompañar musicalmente á Señora da Humildade. Posteriormente, no ano 2011, a Confraría adquiriu en propiedade a que se convertería na súa imaxe titular, a da Nosa Señora da Humildade, obra do imaxineiro pileño José María Hurtado, e que foi presentada e bendicida o 17 de marzo de 2012.

Xa o pasado ano, no seu décimo aniversario, e, nunha solemne eucaristía na igrexa de San Domingos de Bonaval, presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Xulián Barrio, presentouse e bendiciuse o novo paso procesional da Nosa Señora da Humildade.

A procesión sairá ás 21.30 horas dende a igrexa de Santa María do Camiño (ubicada na rúa Travesa).

O seu percorrido será o seguinte:

Praza das Ánimas - Rúa das Casas Reais - Praza de Cervantes - Rúa do Preguntoiro - Rúa da Caldeirería - Rúa de Tras de Salomé - Rúa Nova - Praza do Toural - Rúa das Orfas - Rúa da Caldeirería - Rúa do Preguntoiro - Praza de Cervantes - Rúa das Casas Reais - Praza das Ánimas


Comentarios
Lo más