Agustín Hernández foi arroupado por Pablo Casado nun mitin na parroquia de Nemenzo

Agustín Hernández foi arroupado por Pablo Casado nun mitin na parroquia de Nemenzo
Agustín Hernández foi arroupado por Pablo Casado nun mitin na parroquia de Nemenzo

Esta xuntanza estivo presidida polo presidente do Partido Popular e candidato ao Goberno de España, Pablo Casado, e o presidente sa Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ademais das candidatas ao Congreso número uno e número tres, Marta González e Valentina Martínez 

Máis de mil veciños das parroquias santiaguesas de Nemenzo, A Gracia, San Juan e Santa Cristina de Fecha, Peregrina, Busto, Marantes, Grixoa, Verdía e Marrozos reuníronse hoxe en Nemenzo para facerlle chegar a Agustín Hernández, presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía de Santiago de Compostela, as carecias que sofren nesta zona de Santiago.

Esta xuntanza estivo presidida polo presidente do Partido Popular e candidato ao Goberno de España, Pablo Casado, e o presidente sa Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ademais das candidatas ao Congreso número uno e número tres, Marta González e Valentina Martínez.

Durante o encontro, Hernández anunciou que o seu Goberno terá unha concellería so adicada ao rural, posto que esta área compostelana é moi extensa e ten sido maltratada, polo que se fai necesaria unha renovación inensa.

Agustín Hernández destacou que son moitos os anos que os que o Partido Popular leva traballando para coñecer o que precisa a xente que traballa e vive no rural, para elo téñense recollido distintas propostas que aparecerán refleitadas no programa electoral do Partido Popular de Santiago e, o que é máis importante, serán a folla de ruta que seguirá o seu Goberno se os santiagueses lle dan a súa confianza o vindeiro 26 de maio.

Durante a súa comparecencia, o cantidato Popular insistiu en que o seu equipo “non toca de oído”, senón que leva moitos meses pegado ao terriotorio para coñecer “de primeira man os problemas do rural”.

Antes de rematar este xantar, os veciños tiveron a oportunidade de preguntar directamente ao candidato sobre problemas específicos das súas zonas, polo que quedou claramente refleitado que o rural santiagués segue sen ter o transporte público que merece, falta abastecemento e saneamento, atópase cruzado por numerosas pistas que carecen do mantenemento máis básico e soporta unha carencia de servizos básicos, entre outras cousas.

Finalmente, Agustín Hernández subliñou que de conseguir o Goberno o vindeiro 26 de maio fará todo o necesario para clausurar o vertedoiro de Miramontes.

Comentarios