Comeza o Campus Polideportivo de Semana Santa

Comeza o Campus Polideportivo de Semana Santa
Comeza o Campus Polideportivo de Semana Santa

Os nenos e nenas participantes - de entre 4 e 12 anos de idade - practicarán deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, xadrez e deportes alternativos

Hoxe, luns 15 de abril, comeza unha nova edición do noso Campus Polideportivo de Semana Santa. Celebrarase os días 15, 16 e 17 de abril no campo de fútbol de Belvís e nas instalacións de Don Bosco en horario de mañá (de 10:00 a 14:00) e de tarde (de 16:00 a 18:00).

Os nenos e nenas participantes - de entre 4 e 12 anos de idade - practicarán deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, xadrez e deportes alternativos, como o beisbol, ou exercicios para mellorar a atención.

Para esta actividade, contamos coa colaboración do Concello de Santiago, Deputación de A Coruña, Gadis e Feiraco. 

Comentarios
Lo más