Os Trens Turísticos de Galicia teñen un novo punto informativo no Mosteiro de San Martiño Pinario

Os Trens Turísticos de Galicia teñen un novo punto informativo no Mosteiro de San Martiño Pinario
Os Trens Turísticos de Galicia teñen un novo punto informativo no Mosteiro de San Martiño Pinario

Está situado no Mosteiro de San Martiño Pinario e enmárcase na colaboración entre a Xunta, Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico

Os Trens Turísticos de Galicia contan cun novo punto de información en Santiago de Compostela para a venda de billetes, dentro do marco da colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para promover o turismo de Galicia e o ferrocarril como medio de transporte.

Con vistas á sétima tempada que dará comezo en xuño habilitouse esta oficina situada na entrada museística do Mosteiro de San Martiño Pinario, onde se informa e se comercializarán os billetes desta experiencia turística que permite percorrer Galicia en tren a través de máis de dez itinerarios tematizados baseados en recursos como o patrimonio natural, a enogastronomía, a Ruta da Camelia, a Ruta da Lamprea ou a cultura galega. Cada unha das rutas pódese realizar nunha única xornada e, ademais da viaxe en tren, ofrece servizo de guías especializados durante todo o percorrido, traslados complementarios en autocar e entradas a todos os puntos de interese.

O horario de funcionamento deste punto de información en tempada baixa é de 11:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 19:00 horas de luns a venres. O sábado abrirase tamén pola mañá, de 11:00 a 15:00 horas. Durante a tempada alta e coincidindo co funcionamento da nova edición dos Trens Turísticos de Galicia -de xuño a outubro- o horario ampliarase de 10:00 a 14:30 e de 15:30 a 20:00 horas de luns a venres e os sábados será de 10:00 a 15:00 horas.

Nestas semanas estase a dar información sobre o produto así como comercializando o resto de servizos de Renfe, trens de Media e Longa Distancia e Internacionais. Os billetes dos trens turísticos poñeranse á venda en datas próximas e, amais de nesta oficina, tamén poderán adquirirse na páxina web de Renfe ou a través de axencias de viaxes concertadas.

Comentarios
Lo más