Curso de cociña infantil coa natureza como protagonista na Sede Afundación de Santiago

Curso de cociña infantil coa natureza como protagonista na Sede Afundación de Santiago
Curso de cociña infantil coa natureza como protagonista na Sede Afundación de Santiago

Este taller culinario será impartido por Vanessa Sende, e nel os participantes aprenderán a elaborar pratos nos que a natureza é a protagonista

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o curso de cociña infantil "Un xardín na mesa dos minichefs" na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19). 

Está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e impartirase o martes 16 e o mércores 17 de abril coa posibilidade de asistir pola mañá, de 11:30 a 13:30 h, ou pola tarde, de 17:00 a 19:00 h. As inscricións pódense formalizar na web Ataquilla.com ou na propia Sede Afundación de Santiago de Compostela.

Este taller culinario será impartido por Vanessa Sende, e nel os participantes aprenderán a elaborar pratos nos que a natureza é a protagonista. Así, "plantarán" un biscoito e prepararán crema de chocolate e menta, biscoito de limón con sementes de papoula e un ramo de froitas.

Comentarios