O equipo de xadrez da USC proclamados campións de España

O equipo de xadrez da USC proclamados campións de España
O equipo de xadrez da USC proclamados campións de España

Ao resultado colectivo, o equipo da USC sumou tamén o subcampionato acadado por Adrián Gómez Diéguez, medalla de prata na categoría individual e o cuarto posto de Julio Suárez Gómez

O equipo de xadrez da USC acaba de proclamarse campión de España universitario no campionato disputado en Alacante. O conxunto compostelá cunha puntuación final de 20,5 adiantou nun punto ao da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) e en dous e medio á da Politécnica de Valencia.

Ao resultado colectivo, o equipo da USC sumou tamén o subcampionato acadado por Adrián Gómez Diéguez, medalla de prata na categoría individual e o cuarto posto de Julio Suárez Gómez. Completaban o equipo compostelán David Gómez Diéguez (sétima posición individual), Lucas Abal Cores (15º) e Miguel Picos Paiztegui (35ª).

ESGRIMA

Ademais deste resultado, Pablo Basterrechea Roca tamén defendeu ás cores do club deportivo USC na modalidade de esgrima dos campionatos de España universitarios celebrados en Valencia, onde ascendeu á decima posición.

Comentarios
Lo más