O Stellae nas semifinais da Copa

O Stellae nas semifinais da Copa
O Stellae nas semifinais da Copa

O partido está adicado ao directivo José do Stellae FS, esta semana tivo un infarto cardíaco e xa está na súa casa recuperándose e descansando

Un stellae condicionado polas baixas sobreponse a todo e a todos para gañar en Culleredo e meterse na Final a 4 da copa.

Comezaba o partido cun Stellae dominador que gozaba de boas oportunidades para adiantarse. Nunha desas, Rubén adiantaba aos padroneses tras un roubo en primeira línea. O encontro seguía a misma tónica e sólo habia un equipo sobre a pista, os visitantes.

Pero tras dous cartons amarelos prácticamente consecutivos, chegaria unha acción clave no partido, a expulsión de Simón aos 13 minutos de partido. Aproveitarian os locais a superioridade e Permuy faría o empate no marcador. 

Sen virse abaixo, o stellae seguiría dominando e na mellor acción do partido, Rubén nunha acción individual faría o 1-2. Cando parecía chegar o descanso, os arbitros pitarían un inexistente penalti de felipe que Permuy non perdonaría e chegaba o descanso co 2-2 no electronico.

A salida dos vestiarios os locais comezaron a desplegar o seu xogo e tras unha acción individual, adiantarianse no marcador por primeira vez no que iba de partido. Cando peor estaban os visitantes, Insua lograría o empate cun remate no segundo pao. 

Chegarian uns momentos de descontrol, no que os colexiados se convertirían en protagonistas do partido, pitando varias faltas mais que dubidosas que farian a Permuy disfrutar de dous lanzamentos de dez metros, ambos parados por Felipe, porteiro visitante. 

A falta de 2 minutos os amarelos arriesgarian co porteiro xogador e tras unha pérdida chegou o 4-3 que parecía definitivo, pero a falta de 45 segundos, ruben completaría o seu hacktrick particular anotando de doble penalti co que chegabase os lanzamentos de penalti. Nos penaltis, Macía, ruben e Pepe anotarian para os visitantes, e Sotelo e Permuy para os locais, pero sotuela fallaria o derradeiro e o Stellae meteuse en semifinais de copa.

O partido está adicado ao directivo José do Stellae FS, esta semana tivo un infarto cardíaco e xa está na súa casa recuperándose e descansando.

Comentarios