A borrasca continúa en Compostela

A borrasca continúa en Compostela
A borrasca continúa en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima chegará aos 16ºC

O luns quedará marcado polo paso dunha fronte fría activa asociada a unha borrasca localizada ao suroeste de Irlanda.

Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos en toda a Comunidade que irán remitindo co avance da tarde. 

As temperaturas mínimas manteranse en valores suaves, e as máximas descenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima chegará aos 16ºC.

Os ventos soprarán moderados de compoñente sur pola mañá, virando a compoñente oeste pola tarde.

Comentarios