O Concello organiza unha edición de Campamento de verán de vela e actividades naúticas

O Concello organiza unha edición de Campamento de verán de vela e actividades naúticas
O Concello organiza unha edición de Campamento de verán de vela e actividades naúticas

O calendario de preinscrición para participar nas actividades establécese do 13 de maio ao 3 de xuño

A Concellaría de Mocidade organiza unha nova edición do Campamento de verán de vela e actividades náuticas. A actividade desenvolverase entre o 4 e o 23 de xullo, e está dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 17 anos.

A Xunta de Goberno aprobou o venres o Campamento de verán de vela e actividades náuticas, que se vai desenvolver no albergue xuvenil do colexio Eduardo Pondal de Cangas do Morrazo. Están previstas dúas quendas: unha primeira do 4 ao 11 de xullo e a segunda entre o 16 e o 23. 

O calendario de preinscrición para participar nas actividades establécese do 13 de maio ao 3 de xuño. Cada persoa poderá realizar un máximo de dúas solicitudes, agás no caso de que as persoas inscritas sexan irmáns. As prazas serán cubertas por rigorosa orde de preinscrición.

O Campamento de vela contempla a realización de diferentes actividades náuticas como vela, windsurf, kaiak, ou buceo, pero tamén outro tipo de propostas como sendeirismo, xeocatching. O prezo do campamento é de 120 euros, e haberá descontos para os segundos irmáns ou para familias numerosas.

Comentarios
Lo más