Preto de 80 escolares participarán no programa de conciliación de Semana Santa

Preto de 80 escolares participarán no programa de conciliación de Semana Santa
Preto de 80 escolares participarán no programa de conciliación de Semana Santa

Dos nenos e nenas anotados, 36 anotáronse na modalidade de comedor e actividades e 13 en madrugadores con almorzo e actividades

Todo listo para o comezo do Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estean empadroados no Concello de Santiago. Ata o pasado 5 de abril inscribíronse un total de 79 escolares, 41 para o CEIP Monte dos Postes e 38 para o CEIP Raíña Fabiola.

Dos nenos e nenas anotados, 36 anotáronse na modalidade de comedor e actividades e 13 en madrugadores con almorzo e actividades. Co título "Primavera artística", as nenas e os nenos traballarán, durante os días 15, 16, 17 e 22 de abril, sobre as artes plásticas. Centraranse na pintura, a escultura e a fotografía. O obxectivo principal será desenvolver a creatividade e fomentar a expresión para que os nenos e as nenas descubran o seu potencial creativo.

HORARIOS

Como noutras ocasións, existe unha modalidade completa que dá dereito ao servizo de madrugadores con almorzo, comedor e actividades, dende as 7:45 e ata as 16:00 horas. No caso da modalidade de madrugadores con almorzo e actividades, o horario será de 7:45 a 14:00 horas; na modalidade comedor e actividades comezarase ás 9:00 e rematarase ás 16:00 horas, e na modalidade de só actividades o horario será de 9:00 a 14:00 horas.

Establécese un custo por programa completo de catro días e tamén por día solto, con redución do 50 e do 100% do custe para familias con poucos recursos. 

Comentarios
Lo más