Adxudícanse as obras de Leboráns a Calo por un importe de 57.420,01 euros

Adxudícanse as obras de Leboráns a Calo por un importe de 57.420,01 euros
Adxudícanse as obras de Leboráns a Calo por un importe de 57.420,01 euros

Estas actuacións están incluídas no Plan único de concellos “POS+ 2018”

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto que recolle as obras de mellora dos viarios que van de Leboráns a Calo, na parroquia de Trasmonte. Dita obra foi adxudicada á empresa Obras y Viales de Galicia S.L. por un importe de 57.420,01 euros, IVE incluído. Estas actuacións están incluídas no Plan único de concellos “POS+ 2018”.

O proxecto técnico de mellora do acceso de Leboráns a Calo contempla comezar pola mellora na recollida de augas pluviais. Para isto, procederase á escavación dunha gabia na que se colocarán 576 metros de tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, e se executarán dezasete arquetas con sumidoiro. De seguido, procederase á mellora da capa de rodaxe nos seis treitos que conforman o acceso.

No primeiro, realizarase a reparación de fochancas, o perfilado de mordentes e a ampliación do ancho da superficie pavimentada de 0,50 metros a cada lado da vía, para o que se empregarán dez centímetros de zahorra, quince de grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Despois, levarase a cabo a mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma. Nos cinco treitos restantes, sen embargo, procederase á reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo, para despois instalar cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma.

Para rematar, o proxecto tamén contempla a limpeza de gabias e salvagabias da zona, o que permitirá a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal, así como a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes, e unha partida para a adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Para a realización destas obras, que están incluídas no Plan único de concellos POS+ 2018, a empresa Obras y Viales de Galicia S.L. (OVIGA S.L.) conta cun prazo de execución de seis meses, contados a partir do día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de replanteo. A obra foi adxudicada por un importe de 57.420,01 euros, IVE incluído.

Comentarios
Lo más