Noia continúa co seu plan de instalación de anclaxes de contedores de lixo

Noia continúa co seu plan de instalación de anclaxes de contedores de lixo
Noia continúa co seu plan de instalación de anclaxes de contedores de lixo

Nos últimos días, a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Ángela Neri procedeu á anclaxe de cinco puntos de recollida de lixo en Bergondo, no Campo de Noia e na rúa Carcasía

O Concello de Noia continúa instalando dispositivos de anclaxe e cerramento de contedores de lixo no municipio. Nos últimos días, a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Ángela Neri procedeu á anclaxe de cinco puntos de recollida de lixo en Bergondo, no Campo de Noia e na rúa Carcasía .

Os dispositivos instalados constan dunha columna central na parte posterior do depósito que serve de fixación a unha barra de aceiro inoxidable en forma de “U” que recolle o contedor e evita o seu movemento. Unha actuación que evita o desprazamento accidental dos depósitos, no caso de vento ou temporal, e supón un aumento da seguridade viaria na zona.

Comentarios
Lo más